Titular Emerxente 0

Os Profesores Titulares de Universidade tamén poden ser investigadores emerxentes

29 signers. Add your name now!
Titular Emerxente 0 Comments
29 signers. Almost there! Add your voice!
95%
Maxine K. signed just now
Adam B. signed just now

Pode ser un Profesor Titular de Universidade investigador principal dun grupo emerxente? Segundo a Xunta de Galicia NON! A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria probablemente publicará no DOGA nos próximos días a convocatoria de Proxectos de Investigación para Grupos Emerxentes do Sistema Universitario Galego (SUG). Como outros anos, búscase fomentar o desenvolvemento de novos grupos de investigación da máxima calidade posible nas universidades galegas, liderados neste caso por profesores e investigadores menores de 41 anos. Pero sorprendentemente este ano introdúcese unha limitación burocrática adicional: o investigador responsable non poderá ser Profesor Titular. Esta limitación parécenos absurda, discriminatoria e prexudicial tanto para o SUG como para os investigadores. Unha vez establecido un límite de idade na convocatoria, que fai que un Profesor Titular sexa potencialmente menos emerxente que outras figuras do profesorado do SUG? Por que un mérito curricular obxectivo do investigador considérase como un demérito excluinte? Os cartos públicos investidos en proxectos de investigación deberían estar rexidos exclusivamente por parámetros científicos de calidade, non polo tipo de figura do profesorado do investigador solicitante. De feito, a medida que pretende introducir a Xunta de Galicia non ten precedentes no mundo desenvolvido, e desmárcase claramente dos procedementos establecidos pola Unión Europea e concretamente polo European Research Council. Estes requisitos mostran ademais unha idea equivocada da función dos proxectos de investigación, que non deberían ser unha ferramenta para que o persoal contratado mellorase o seu currículo, senón un motor das investigacións en grupos elixidos polo seu potencial, independentemente da súa situación administrativa. Dado o carácter claramente discriminatorio deste requisito, os abaixo asinantes solicitamos encarecidamente a Don Xesús Vázquez Abad, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a modificación urxente das bases da convocatoria de Proxectos de Investigación de Grupos Emerxentes do Sistema Universitario Galego, co fin de que os Profesores Titulares poidan solicitar proxectos nesta convocatoria, en igualdade de condicións con outras figuras de profesorado universitario.

Links


Share for Success

Comment

29

Signatures