Skip to main content
Carta á Conselleira de Sanidade, Dona Pilar Farjas

Carta á Conselleira de Sanidade, Dona Pilar Farjas

81 signatures 19 to reach 100
I
Isabel M. signed
G
Gabriel C. signed
B
Beatriz R. signed
M
Mª E. signed
M
Maria G. signed
R
Rosa M. signed
R
RVC signed
P
pepe signed
S
Someone signed
R
Ramona I. signed
Started by Anonymous 15 years, 5 months ago
Sra Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia
Santiago de Compostela

Sra Conselleira

A Atención Primaria pode resolver, de feito resolve, a maioría dos problemas de saúde. Unha Atención Primaria forte e resolutiva é unha aposta pola eficiencia en tempos de crise, é unha aposta pola máxima capacidade de resolver problemas tendo en conta a opinión do paciente, dun modo integrado na comunidade, coa menor intervención posible e co menor custe.
A Atención Primaria debe ser a prioridade sempre, pero moito máis en tempos de crise e de recortes orzamentarios.
Resulta sorprendente que a súa Consellaría, ao mesmo tempo que promove recortes e menciona repetidamente as dificultades económicas que ten para aumentar recursos, para pagar as retribucións acordadas ou reiniciar a negociación e aplicación da carreira profesional, agora se dedique a promover a Atención Primaria como áreas de negocio de construtoras ou outras empresas pola vía da Iniciativa de Financiamento Privado.
Rexeitamos o anuncio do 7 de abril de 2011 do Diario da Unión Europea de licitación de 18 centros de saúde galegos por un importe de 233 millóns de euros (incluíndo o IVE). Este despilfarro orzamentario vai hipotecar o financiamento sanitario e dificulta moito a viabilidade económica da atención primaria.
Pedímoslle que anule este concurso e aposte polo diálogo con todas as organizacións profesionais, científicas e sindicais de atención primaria para facer, entre todos, unha Atención Primaria máis potente, máis atractiva e máis resolutiva.

Galicia, 12 de abril de 2011

Se desexas apoiar esta iniciativa, asina a petición online co teu nome e apelidos e un enderezo de correo electrónico válido. Despois de asinar pode aparecer unha páxina que solicita doazóns para o mantemento do sistema de ipetitions; podes ignoralo por completo: unha vez que introduces o teu nome e correo-e a túa sinatura xa queda rexistrada.

6 Comments

L
Lucía Adeyemi
15 years ago Featured

Non podemos permitir que desmantelen a nosa atención primaria así. É a base de todo.

X
Xosé Todd
15 years ago Featured

Vergoñento. Recortan mentres lle regalan os nosos cartos ás empresas privadas.

B
Brais Bryant
15 years ago Featured

Paren xa de hipotecar a nosa sanidade. Non ao financiamento privado nos centros de saúde.

A
Antón Reyes
15 years ago Featured

A sanidade pública non se vende. É un retroceso enorme para todos.

M
Marta Vargas
15 years ago Featured

Xa abonda de privatizar todo. Queremos médicos e centros públicos que funcionen, non negocios para as constructoras.

C
Carmen Karimi
15 years ago Featured

Esto é un despropósito total. A saúde debe ser a prioridade, non o negocio dalgúns poucos.

Help this petition grow

Share it with friends to help reach 100 signatures.

Your share link

Share directly