Skip to main content
Non Podemos Calar

Non Podemos Calar

68 signatures 32 to reach 100
E
Eduardo C. signed
E
enrique m. signed
S
Someone signed
G
GUILLERMINA G. signed
X
XULIA R. signed
J
josefina l. signed
C
Carmen P. signed
S
SESE G. signed
F
Francisco G. signed
X
Xurxo S. signed
Started by Anonymous 15 years, 3 months ago

Manifesto presentado na Coruña o 19 de abril de 2011:

                                      NON PODEMOS CALAR

Non podemos calar. Non debemos calar. Porque están aí, ás portas, esperando o asalto final ao palacio municipal de María Pita. Preséntanse como o cambio, mais son os de sempre, nostálxicos do franquismo.

Candidatos que manifestan sen rubor a súa negativa a cumprir a Lei da Memoria Histórica e a retirar a simboloxía franquista, tal e como aprobou o pleno da corporación municipal o 7 de setembro de 2009. A Coruña xa non é a capital da simboloxía franquista, mais aínda queda moito por facer; é unha vergoña que o único escudo franquista da cidade estea na entrada principal de María Pita.

Son os mesmos que fan interesada relación entre inmigración ou etnia e delincuencia, con afirmacións de marcado carácter racista.

Utilizan o tema do topónimo da cidade para xerar crispación social e escasos réditos electorais. Están contra a aplicación da Lei de Normalización Lingüística, aprobada por unanimidade no Parlamento Galego en 1983. O concello da Coruña debe asumir a política de normalización lingüística que xa teñen outras cidades galegas e tomar medidas para o impulso do uso do galego.

Ofrecen para a familia unha lei que foi cualificada polo Consello Económico e Social como "regresiva e patriarcal" coa que pretenden recuperar o rol tradicional da muller para aforrar en servizos sociais.

Levan anos obstaculizando a construción dunha residencia pública na nosa universidade porque eles están pola xestión privada e por defender o negocio dos seus amigos.

Hai que afondar nunha política urbanística ao servizo das maiorías sociais, que poña freo á especulación. A Coruña debe liderar o recoñecemento institucional do novo espazo político cidadán do século XXI, impulsando un modelo territorial urbanístico que nos leve a unha cidade aberta, de habitabilidade conxunta e servizos compartidos, aplicando políticas públicas de vivenda, transporte, defensa do espazo público e do patrimonio cultural e histórico da cidade, que teña na participación cidadá a chave da súa concepción como proxecto colectivo.

Queremos unha sociedade participativa coa posta en vigor dun renovado Regulamento de Participación Cidadá e uns Orzamentos Participativos.

Somos unha plataforma cívica apartidaria e non pedimos o voto para ninguén. Formamos parte dunha cidadanía coruñesa que quere asumir as súas responsabilidades. Facemos a nosa humilde achega para crear un movemento cívico que impida a chegada ao Goberno Municipal daqueles que se presentan como o cambio, pero que non representan outra cousa que a marcha atrás e unha hipoteca para o futuro da Coruña.

Consideramos que a abstención favorece os obxectivos da dereita e, por tanto, é de vital importancia a participación nas eleccións municipais do 22 de maio porque o noso voto decide.

A Coruña, 14 de abril de 2011

Promotores deste manifesto, que se presentará nunha asemblea pública o 28 de abril, ás 8 da tarde, no Circo de Artesáns (r/ San Andrés 36, A Coruña):

Xabier Docampo, Manuel Rivas, Francisco Pillado, Xosé María Monterroso, Henrique Rabuñal, Xurxo Souto, Tono Galán, Isabel Risco, Luis Fermín Rodríguez, Pepe Galán, Miro Casabella, Xosé Lois Martínez Suárez, Xosé Luis Rodríguez Pardo, Andrés Salgueiro, Mari Luz Canal, Ramón Veras, Manuel Monge, Pura Barrio, Xesús Díaz.

Tamén apoian o Manifesto Xavier Seoane, Miguel Mato, Suso Mosquera, Manuel Lourenzo, Diana Varela Puñal, Xulio López Valcárcel.

 Se desexas apoiar esta iniciativa, asina a petición online co teu nome e apelidos e un enderezo de correo electrónico válido. Despois de asinar pode aparecer unha páxina que solicita doazóns para o mantemento do sistema de ipetitions; PODES IGNORALO POR COMPLETO: unha vez que introduces o teu nome e correo-e a túa sinatura xa queda rexistrada.

Updates

April 25, 2011

The current level of engagement has prompted a formal request for a meeting with the municipal authorities to address the status of the symbols on the Maria Pita building. I am currently finalizing the legal documentation required to ensure this matter is addressed during the upcoming council session.

6 Comments

E
Elena Williamson
15 years ago Featured

A que agardan? Non podemos quedarnos calados mentres se apoderan de todo. Ánimo a todos os que estades nisto.

S
Sabela Karimi
15 years ago Featured

Non calamos. Precisamos un cambio real non a volta ó franquismo coma se nada pasara.

M
Marta Jimenez
15 years ago Featured

VERGOÑA. Non se pode permitir que queiran volver a esas épocas. Estamos fartos dos mesmos de sempre.

B
Brais Ferguson
15 years ago Featured

Os de sempre, si. Sempre igual. A ver se a xente abre os ollos dunha vez.

X
Xurxo Banerjee
15 years ago Featured

Están aí outra vez con esas ideas tan antigas. Hai que pararlles os pés xa.

A
Antón Lambert
15 years ago Featured

Xa era hora de dicir algo. Non podemos deixar que volvan ao pasado, a Coruña non merece isto.

Help this petition grow

Share it with friends to help reach 100 signatures.

Sign Petition

We never post to your account. Social sign-in is used only to verify your signature.

or sign with Email

Add a comment?

Your signature will be added via . Tell others why you're signing — it's optional.

By signing, you accept iPetitions Terms of Service and Privacy Policy.

Share Petition

Don't stop at signing, share the petition link with friends to multiply our impact

Copy link or share directly

Instagram
QR Code