Skip to main content

Status: Closed — this petition is no longer accepting signatures.

Manifesto en prol da calidade do ensino e a estabilidade do profesorado

Manifesto en prol da calidade do ensino e a estabilidade do profesorado

Closed — 92 supporters Verified

Final supporters

S
susanavazquez
R
Roberto D.
L
Lois A.
V
VANESSA R.
S
Someone
M
MARÍA D.
A
Alejandra T.
J
José L.
B
belen v.
M
Marta M.
+82 more
Started by Anonymous 16 years ago

As persoas que promovemos esta chamada queremos manifestar, perante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e como aclaración ante a sociedade galega, o seguinte: 

 1.O alumnado ten dereito a unha calidade de ensino en todo o ámbito territorial. Os usuarios e usuarias do sistema educativo galego deben disfrutar dun ensino de calidade, impartido por profesores e mestres especialistas na materia que ensinan.  

2.A situación actual do sistema educativo galego dista moito de ser así, xa que gran parte do profesorado, tanto funcionarios/as como interinos/as, vése na obriga de escoller materias afíns, das que non son especialistas, para poder acceder a un destino nun centro educativo, o que repercute na diminución da calidade do ensino. Isto acontece tanto na educación primaria, onde a mestres de educación primaria se lles adxudica a especialidade de Pedagoxía Terapéutica ou Francés, moitas veces sen requisito previo da titulación necesaria, e na educación secundaria, onde, por exemplo, un especialista en Música pode ter que dar Educación Física e Matemáticas, tamén sen que se lle sexa requerida unha titulación previa para impartir ditas materias. Ademáis disto, o sistema de acceso á función pública, prima a experiencia frente ós coñecementos, podendo darse o case de que xente moi válida non poida acceder a unha praza. 

3.Pedimos o fin do sistema transitorio de oposicións, adoptado pola anterior Consellería e ideado para rebaixar a taxa de interinidades en Galicia e situala nun 6%. Na actualidade esta taxa nas listas de educación secundaria sitúase por debaixo do 2%, é dicir, o sistema xa non ten sentido. Ademáis, conlevou uns danos colaterais moi graves, como son a perda de emprego de milleiros de substitutos, e que outros milleiros de opositores non teñan opcións reais de obter praza e, polo tanto, de traballar, ó premiar a experiencia por encima dos coñecementos da propia materia.

4.É o alumnado o que resulta perxudicado. É o sistema educativo o que corre perigo, e a comunidade educativa non está sendo debidamente respectada. Neste sentido vivimos unha grande inxustiza, tanto o alumnado como o profesorado, pois vémonos abocados a non poder ofrecer un ensino de calidade, carente de medios e ás veces de espazos, ó ter aumentado o ratio de alumnado por aula nestes últimos anos a 30 alumnos por aula na etapa da educación secundaria obrigatoria, e 25 na educación primaria. 

5.Por iso resulta preocupante a taxa de fracaso escolar, xa que esta situación vai levar a un aumento da mesma, dado que o profesorado terá que deixar de lado as medidas de atención á diversidade e ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que se establecen na Orde do 6 de Setembro de 2007 en prol dos contidos mínimos establecidos nos currículos correspondentes de cada materia, ó non haber tempo na aula para levalas a cabo, e ó desapareceren os desdobres.  

6.A redución do profesorado levada a cabo por esta Consellería nestes dous últimos anos ten como consecuencia que poida haber funcionarios de carreira ós que non se lles adxudique un centro de destino, polo que estarían gastando os cartos dos contribuíntes que tanto preocupan a este goberno. Pero non só iso, senón que xa ten afectado ó alumnado galego, como aconteceu durante este curso escolar 2009/2010 nas Escolas Oficiais de Idiomas, onde suprimiron as horas complementarias de aprendizaxe dunha lingua, como son a comunicación oral e escrita, e que tanto promociona a Xunta de Galicia co seu decreto de plurilingüismo.  

7.Ademais disto, o problema aumenta en determinadas épocas, cando se deixan de adxudicar vacantes en periodos previos ó Nadal, Semana Santa, Entroido,... podendo quedar o alumnado sen profesorado durante semanas e nalgún caso meses, como xa aconteceu no CIFP Anxel Casal, na Coruña, onde alumnos e alumnas do ciclo de Interpretación de Linguaxe de Signos estiveron varios meses sen profersora. Esa problemática acentuouse máis aínda durante este curso 2009/2010, cando o profesorado en listas contemplaba estupefacto como aparecían e desaparecían vacantes das listas de substitucións, sen seren estas adxudicadas. Todo isto, como xa dixemos, repercute nunha diminución da calidade do ensino.

8.O problema desta situación non está tanto na lexislación vixente como na vontade desta Consellería de ofrecer un ensino de calidade e unha estabilidade laboral ó seu persoal, tanto funcionario como interino. O que cómpre é avanzar con cambios legais na dirección da calidade do sistema educativo galego. Xustamente a dirección contraria á proposta pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que pretende reducir e facer recortes en algo tan básico como é a educación.  

9.Correspóndelle á comunidade educativa, a través das institucións representativas, definir a política educativa acorde co criterio de calidade no ensino. Esperamos o compromiso das institucións na defensa dun ensino público de calidade e na aplicación de medidas a favor deste e dunha estabilidade laboral do profesorado, funcionario e interino. Nesta labor contarán sempre co noso apoio.  

10.Alertamos á sociedade para non se deixar confundir e instámola a pensar sobre a verdadeira situación da educación pública, que todos nós pagamos, en Galicia. 

11.Defendemos un dereito universal, como é o dereito á educación, pública e de calidade. Debemos ser firmes rexeitando todo posicionamento que persiga reducir a calidade do ensino público, ou retroceder no camiño andado no sistema educativo galego.

Updates

August 17, 2010

We are currently compiling a dossier of teacher testimonies to present directly to the Department of Education. Send your own experience with non-specialist assignments to our official email address. Post this link on Facebook to ensure other affected teachers find this space.

August 17, 2010

This wave of support proves that teachers and families are tired of seeing experts forced into roles they are not qualified to fill. Send this petition link to three colleagues right now to keep this pressure building. Email your representative to demand that the Consellería de Educación finally puts our students first.

6 Comments

M
Marta McKenzie
15 years ago Featured

Non se pode ensinar o que non se sabe. É unha falta de respecto cara aos alumnos e tamén cara os profesores que temos que traballar en condicións absurdas.

M
Marcos Fisher
15 years ago Featured

Deixade xa de xogar coa educación pública. Cada ano é peor.

L
Lucía Bauer
16 years ago Featured

Incrible que se valore máis a antigüidade que a formación real. Así non se pode avanzar. Ánimo a todos os compañeiros que están pasando por este desastre.

J
Javier Nash
16 years ago Featured

Totalmente de acordo. A calidade educativa baixou moito estes anos e todo é por culpa dunha mala xestión do profesorado. Hai que cambiar isto xa.

A
Antía Sutton
16 years ago Featured

É unha vergoña o que están facendo. Os rapaces merecen especialistas de verdade e non que nos poñan a dar materias das que non temos nin idea só por cubrir un oco.

D
David Williamson
16 years ago Featured

Que contraten a xente preparada para cada materia e listo. Tan difícil é ter un pouco de sentido común?