Carta á Conselleira de Sanidade, Dona Pilar Farjas
Ramón Veras Castro 0

Carta á Conselleira de Sanidade, Dona Pilar Farjas

99 signers. Add your name now!
Ramón Veras Castro 0 Comments
99 signers. Almost there! Add your voice!
95%
Maxine K. signed just now
Adam B. signed just now

Sra Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia
Santiago de Compostela

Sra Conselleira

A Atención Primaria pode resolver, de feito resolve, a maioría dos problemas de saúde. Unha Atención Primaria forte e resolutiva é unha aposta pola eficiencia en tempos de crise, é unha aposta pola máxima capacidade de resolver problemas tendo en conta a opinión do paciente, dun modo integrado na comunidade, coa menor intervención posible e co menor custe.
A Atención Primaria debe ser a prioridade sempre, pero moito máis en tempos de crise e de recortes orzamentarios.
Resulta sorprendente que a súa Consellaría, ao mesmo tempo que promove recortes e menciona repetidamente as dificultades económicas que ten para aumentar recursos, para pagar as retribucións acordadas ou reiniciar a negociación e aplicación da carreira profesional, agora se dedique a promover a Atención Primaria como áreas de negocio de construtoras ou outras empresas pola vía da Iniciativa de Financiamento Privado.
Rexeitamos o anuncio do 7 de abril de 2011 do Diario da Unión Europea de licitación de 18 centros de saúde galegos por un importe de 233 millóns de euros (incluíndo o IVE). Este despilfarro orzamentario vai hipotecar o financiamento sanitario e dificulta moito a viabilidade económica da atención primaria.
Pedímoslle que anule este concurso e aposte polo diálogo con todas as organizacións profesionais, científicas e sindicais de atención primaria para facer, entre todos, unha Atención Primaria máis potente, máis atractiva e máis resolutiva.

Galicia, 12 de abril de 2011

Se desexas apoiar esta iniciativa, asina a petición online co teu nome e apelidos e un enderezo de correo electrónico válido. Despois de asinar pode aparecer unha páxina que solicita doazóns para o mantemento do sistema de ipetitions; podes ignoralo por completo: unha vez que introduces o teu nome e correo-e a túa sinatura xa queda rexistrada.

Sponsor

CIG-saúde

Links

Agrupación Médica de CIG-saúde
http://www.cig-saude.org/AGMEDICA/
Share for Success

Comment

99

Signatures

contribute iPetitions
iPetitions is powered by everyday people — not corporations. With nearly 50 million signatures, we've helped spark change in local communities across the globe. We don't take corporate money. We rely on people like you.
Support iPetitions. Help keep us independent and make real change. Help us stay independent. Every dollar helps.
Processed by Paypal and Stripe.
Enter your details on the next page
iPetitions is powered by everyday people — not corporations. With nearly 50 million signatures, we've helped spark change in local communities across the globe. We don't take corporate money. We rely on people like you.