Skip to main content

The government has confirmed that they are formally withdrawing the proposal to amend the Lei de Normalización Lingüística. We have secured the protection of our current legal framework and will remain observant as the administration shifts its focus elsewhere. Thank you for maintaining the pressure that forced this outcome.

June 24, 2011

Carta aberta ao Presidente da Xunta de Galicia

Carta aberta ao Presidente da Xunta de Galicia

🏆 Won — 1,692 supporters Verified

Final supporters

S
Someone
M
Manuel S.
J
José E.
P
paz f.
O
OLGA S.
E
Enrique S.
B
Bibiana G.
X
Xavier V.
M
mely b.
R
RITA M.
+1,682 more
Started by Anonymous 15 years, 3 months ago
Sr. Presidente da Xunta de Galicia SANTIAGO DE COMPOSTELA Señor Presidente: Os asinantes, compoñentes da Cerna de ProLingua e en representación dos máis de dous mil membros desta plataforma apartidaria e plural, integrada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión, mais especialmente como galegas e galegos que desexan preservar para as xeracións futuras a nosa milenaria lingua propia, e preocupados polas declaracións que determinados candidatos das próximas eleccións municipais e sinalados dirixentes do Partido Popular de Galicia fixeron, dirixímonos a vostede para lle expoñer as nosas inquietudes sobre dunha hipotética, pero non descartada, reforma da actual Lei de Normalización Lingüística (Lei 3/1983) no sentido de diminuír as esixencias que a citada lei contén no sentido da protección da lingua galega. De se producir tal feito, e de sufrir a nosa lingua un novo decaemento da súa situación legal, queremos lembrarlle que iso significaría a) Que o Partido Popular de Galicia rompería de forma unilateral o consenso acadado para a promulgación da LNL en 1983. b) Un abuso de poder dada a escasa lexitimidade democrática que se contén no feito de modificar por maioría simple o que se adoptou por unanimidade. c) Unha actuación contraria ao espírito da Constitución Española (Art. 3.3), do Estatuto de Autonomía de Galicia (Art. 5.3) e da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (BOE, nº 222 do 15/9/2001), que instan, todos eles, á defensa e promoción da lingua propia de Galicia. d) Unha constatación pública e evidente da actitude de belixerancia contra o galego que mantén o partido que sostén o goberno de Galicia. Por todo isto, rogámoslle a vostede que, consonte coa oferta de pacto pola lingua que manifestou no Courel o Día das Letras Galegas do pasado ano, se comprometa publicamente a non promover nin acometer ningunha reforma da LNL que non se produza co mesmo consenso e unanimidade con que a Lei 3/1983 foi aprobada no seu día.
Galicia, 9 de abril de 2011

Se desexas apoiar esta iniciativa, asina a petición online co teu nome e apelidos e un enderezo de correo electrónico válido. Despois de asinar pode aparecer unha páxina que solicita doazóns para o mantemento do sistema de ipetitions; podes ignoralo por completo: unha vez que introduces o teu nome e correo-e a túa sinatura xa queda rexistrada.

Updates

April 12, 2011

The petition reached 100 signatures today. This count provides the necessary threshold to request a formal meeting with the office of the President. We are preparing the documentation for delivery to Santiago de Compostela.

Reached 1,000 supporters

April 11, 2011

Reached 100 supporters

April 10, 2011

6 Comments

X
Xosé Henderson
15 years ago Featured

Vergoñento que queiran cambiar unha lei que funcionaba por consenso de todos. Deixade o galego en paz xa dunha vez.

B
Brais Salazar
15 years ago Featured

Respeto pola lingua galega xa! É o noso sinal de identidade e non deberia ser un arma de confrontación politica.

L
Lucía Tate
15 years ago Featured

Pois claro que si. É o de sempre, querer menosprezar o noso. Non o imos consentir.

M
María Warner
15 years ago Featured

O galego non se toca. Xa abonda de ir contra a nosa cultura e a nosa identidade.

E
Elena Pierce
15 years ago Featured

Por favor, que non retrocedamos máis. O noso idioma é o máis valioso que temos.

A
Antón Mansour
15 years ago Featured

A nosa lingua é un patrimonio que non nos pertence só a nós, pertence aos que veñen detrás. Non podemos permitir que a toquen.

Share Petition

Don't stop at signing, share the petition link with friends to multiply our impact

Copy link or share directly

Instagram
QR Code