En Chantada 0

MANIFESTO POLO DESENVOLVEMENTO DE CHANTADA

599 people have signed this petition. Add your name now!
En Chantada 0 Comments
599 people have signed. Add your voice!
60%
Maxine K. signed just now
Adam B. signed just now

MANIFESTO POLO DESENVOLVEMENTO DE CHANTADA Chantada, malia ao seu potencial en recursos naturais e humanos, perde pouco a pouco peso económico e demográfico, mentres semella que tanto autoridades como veciños asistimos impasíbeis e resignados. ¡Chegou o tempo de dar a voz de alarma fronte a esta situación! A penúltima mostra desta deriva cara a desertificación da comarca e a depauperización da vila é a inminente marcha a Monterroso dunha das nosas mellores empresas e con máis futuro: Sidrería Galega. Sidrería Galega xermolou no 1999 das mans do empresario chantadino Xoán M. Méndez Otero, que se valeu do gran potencial de Chantada na produción de mazá para crear unha empresa de sidra. Sidrería Galega foi a primeira en producir a sidra ecolóxica en todo o Estado baixo o amparo do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. Anos máis tarde, o grupo Hijos de Rivera fíxose coa empresa, que hoxendía continúa o labor de Méndez diversificando os seus produtos con bebidas innovadoras. Anualmente, compran máis de 2,5 millóns de quilos de mazá e fabrican máis de dous millóns de litros de sidra baixo a marca Manzanova. Desta fábrica saen tamén os licores Quenza e o "tinto de verano" e mosto Zuvit. Polo aumento da súa actividade, Sidrería Galega precisa máis de 20.000 metros cadrados para a súa Ampliación, o que suporía incrementar ata en 60 os postos de traballo directo, inda que a previsión a medio prazo é de máis de 150, o que conlevaría outros tantos indirectos. Para elo, a empresa prevé unha inversión de máis 12 millóns de Euros. Desta Ampliación depende tamén a supervivencia do polígono de Os Acivros, xa que se prevé que neste proxecto se xenere máis solo industrial que mitigará a actual situación de bloqueo a varias empresas que teñen presentados os seus proxectos de implantación. A Sociedade Chantadina é consciente da gran repercusión que supón tanto a nivel económico como social, posibilitando a fixación de poboación que tanto nos preocupa. Dende a idade de ouro da creación do Salto de Belesar a mediados dos anos 60, ata o actual declive a nivel socioeconómico, asistimos á fuga de importantes empresas como Larsa, hoxe en Vilagarcía, Vidronor, a actual Vidriera del Atlántico en Xinzo de Limia, MonteFaro, instalada finalmente en Rodeiro, o Asilo de Anciáns que a piques está de inaugurarse en Monforte, ata incluso e paradóxicamente, o Centro Penitenciario de Monterroso, así como moitos outros pequenos proxectos. Por todo elo, a Sociedade Chantadina non consentirá ó seu traslado a Monterroso, motivado en parte polo actual bloqueo da Consellería de Medio Ambiente ó que é xa o segundo Informe Medioambiental presentado para esta Ampliación, alegando entre outras causas, que o conxunto carece de carril bici. ¡Basta Xa! A nosa terra e os seus intereses serán defendidos. Xa estamos cansos de ser un deserto, de ter un gran potencial e non saber aproveitalo, de deixar pasar oportunidades únicas. Seguimos como nos anos 20, cando ó 21/05/1923 F. Salgado López-Quiroga asinou un poema curto no periódico chantadino EL REGIONALISTA: "¡Chantadiña, Chantadiña! que tés máis de doce sigros e non pasóu a tua industria d,as frábicas de curtidos; érguete d,escravitú d,o aciago caciquismo, agora que tés voceiro d,a madeira de Menistro." Estas proféticas verbas, son un adianto do que sucede hoxe co estancamento burocrático da Administración. Non estaremos calados, esixiremos axilidade, responsabilidade e transparencia no desenrolo deste proxecto. ¡¡Esperta, érguete e defende os téus intereses!!! ¡¡Sociedade Chantadina… Movilízate!! E lembremos a cita do fundador e presidente da Liga de Amigos, D. Daniel Vázquez Bóo: "Pobo que non se move, é pobo morto" (1912) PLATAFORMA POLO DESENVOLVEMENTO SOCIO-ECONÓMICO DE CHANTADA enChantada.com

Sponsor

www.enchantada.com

Links

www.enchantada.com
Share for Success

Comment

599

Signatures